22 Outubro 2005

Feito en Escocia con trabes

Arquivado en: Xeral — dragonnegro @ 8:22 pm

Din que a Coca-cola quita a ferruxe e abranda os ósos e os dentes, pero en Escocia teñen a súa propia bebida con cafeina que lle pranta cara ó xigante das bebidas, Irn-Bru.

Como ben di o seu lema “Feito en Escocia con trabes” e é, xunto á Inca Kola, a única bebida propia dun pais que lle fai fronte a Coca-cola e Pepsi.

A súa historia, así como a súa composición, están cheas de curisosidades que fan máis grande a lenda desta bebida escocesa.

Porque na vida non vai ser todo whisky.

Quen sabe, mesmo en breve poderemos ter unha opinión cualificada do autor de Días en Oxford.

Vía elástico

Hi-yo Silver!

Arquivado en: Invencións — dragonnegro @ 6:36 pm

O da bicicleta estática está pasado de moda, xa non é cool. Para facer exercicio cuberto nada mellor que montar a cabalo, pero como as solucións habitacionais nas que vivimos non che son como para andar metendo cabalos dentro os xaponeses traen ás nosas vidas a máquina de montar de andar por casa.
Se estás farto de cheirar a estrume e andar nas alpacas para coida-lo cabalo pero non queres deixar de facer exercicio esta é a solución que andabas a buscar.

Xapón é o futuro.

Vía Tokyo Times

Fillo de fruta

Arquivado en: Animacións — dragonnegro @ 6:20 pm

Nesta curradísima animación, co suxerente nome de Son of a peach, temos a explicación que moitos levábamos agardando sobre que pasa despois de que rematas o xogo Super Mario Bros.
Porque os personaxes de videoxogos tamén teñen a súa vida privada.

18 Outubro 2005

Saber onde estás

Arquivado en: Xeral — dragonnegro @ 1:19 am

Picando na imaxe poderedes ver unha perfecta representación da xerarquía friki. Para saber se estades arriba ou abaixo ou simplemente no medio.

Vía elástico.net

Próximo destino…

Arquivado en: Programas — dragonnegro @ 1:05 am

Visited Countries é a versión moderna do mapamundi na parede con chinchetas non sitios que visitaches. Agora xa podes deixa-la parede libre para por o póster dos triunfitos.
Comparte connosco o teu mapa nos comentarios.

Vía Weblog de un friki

17 Outubro 2005

Véndete

Arquivado en: Xeral — dragonnegro @ 11:35 pm

Se queres vender algo e non sabes como. Se queres poñer unha frase graciosa no teu coche. Se queres ser presidente de calquera cousa. Este é o teu xerador. Con The Advertising Slogan Generator poderás crear os slogans máis inxeniosos con só premer un botón. Introduce o teu nome, o nome da túa empresa, do teu partido, etc. e xa está.

Vía Orballo

Sr. Xuíz:

Arquivado en: Xeral — dragonnegro @ 9:16 pm

Suiciding Bunnies amósanos a uns coellos con moi pouco amor po-la vida e que proban mil e unha maneiras para deixar de vivir, a cada cal máis inxeniosa e dolorosa.

Humor negro do bo.

Non quedes sen palabras

Arquivado en: Xeral — dragonnegro @ 8:47 pm

Con este xerador de techno-babble de Star Trek nunca quedarás sen conversa nin na ponte de mando nin na cantina.

O funcionamento é ben sinxelo. Cada vez que entras na páxina ou refrescas a mesma (F5) aparece unha conversa nova entre dúas personaxes da serie.

Vía La Cosa Húmeda

De volta

Arquivado en: Novas — dragonnegro @ 8:37 pm

Chegaron as primeiras chuvias e ao Dragón Negro entráronlle ganas de volver sair a dar unha volta po-la internet a recoller refugallos. Porque, sexamos sinceros, ó Dragón Negro non lle gusta nin a calor nin o verán.

Andamos a ver de mudar algo o aspecto da bitácora, pero sen presa, non sexa que deixe de furrular. O único que cambia de momento é a forma de presentar as ligazóns, esperamos que vos guste. E se non xa sabedes, para iso están os comentarios.