
Se queres vender algo e non sabes como. Se queres poñer unha frase graciosa no teu coche. Se queres ser presidente de calquera cousa. Este é o teu xerador. Con The Advertising Slogan Generator poderás crear os slogans máis inxeniosos con só premer un botón. Introduce o teu nome, o nome da túa empresa, do teu partido, etc. e xa está.
Vía Orballo
Suiciding Bunnies amósanos a uns coellos con moi pouco amor po-la vida e que proban mil e unha maneiras para deixar de vivir, a cada cal máis inxeniosa e dolorosa.
Humor negro do bo.
Con este xerador de techno-babble de Star Trek nunca quedarás sen conversa nin na ponte de mando nin na cantina.
O funcionamento é ben sinxelo. Cada vez que entras na páxina ou refrescas a mesma (F5) aparece unha conversa nova entre dúas personaxes da serie.
Vía La Cosa Húmeda

Chegaron as primeiras chuvias e ao Dragón Negro entráronlle ganas de volver sair a dar unha volta po-la internet a recoller refugallos. Porque, sexamos sinceros, ó Dragón Negro non lle gusta nin a calor nin o verán.
Andamos a ver de mudar algo o aspecto da bitácora, pero sen presa, non sexa que deixe de furrular. O único que cambia de momento é a forma de presentar as ligazóns, esperamos que vos guste. E se non xa sabedes, para iso están os comentarios.