Din que a Coca-cola quita a ferruxe e abranda os ósos e os dentes, pero en Escocia teñen a súa propia bebida con cafeina que lle pranta cara ó xigante das bebidas, Irn-Bru.
Como ben di o seu lema “Feito en Escocia con trabes” e é, xunto á Inca Kola, a única bebida propia dun pais que lle fai fronte a Coca-cola e Pepsi.
A súa historia, así como a súa composición, están cheas de curisosidades que fan máis grande a lenda desta bebida escocesa.
Porque na vida non vai ser todo whisky.
Quen sabe, mesmo en breve poderemos ter unha opinión cualificada do autor de Días en Oxford.
Vía elástico
Pois si que e curioso o asunto do Irn-Bru.
A min non me gustan muito os refrescos e os de cafeina menos. Por min irian todos ao tacho. E pensar que estou nos EEUU e non me guswta a Coca-Cola nin as hamburguesas.
Comentario por acedre — 22 Outubro 2005 @ 8:51 pm
Interesantes as alternativas á cola imperial. Ademáis da Inka Cola podese atopar a Tropicola en Cuba, ou a Mecca Cola e Arab Cola.
Comentario por Colineta — 26 Outubro 2005 @ 1:01 pm
pois manda unhas caixas para facer cubatas e caliomocho sen ingredientes do imperio!!
Comentario por Henrique — 5 Decembro 2005 @ 6:48 pm
Pois terá que mandarchas algún escocés porque nós tamén estamos deste lado

O mellor para o calimotxo a Siti-Cola (Lidl)
Comentario por Humilde servidor do Dragón Negro — 5 Decembro 2005 @ 7:16 pm
Boas festas.
Comentario por acedre — 21 Decembro 2005 @ 5:06 am
E coma saberá con Glenfidich
Comentario por Briareos — 18 Abril 2006 @ 12:37 am