
Chegaron as primeiras chuvias e ao Dragón Negro entráronlle ganas de volver sair a dar unha volta po-la internet a recoller refugallos. Porque, sexamos sinceros, ó Dragón Negro non lle gusta nin a calor nin o verán.
Andamos a ver de mudar algo o aspecto da bitácora, pero sen presa, non sexa que deixe de furrular. O único que cambia de momento é a forma de presentar as ligazóns, esperamos que vos guste. E se non xa sabedes, para iso están os comentarios.

Por algún tempo, e inda que a ninguén lle importe, esta bitácora tomará un descanso (¡¿Un descanso?! ¿Non estaba morta? Non, non estaba morta, estaba de parranda, e nunca mellor dito)
Así que a finais de setembro ou por ahí volveremos con moreas de ligazóns con interese cultural e didáctico nulo. Intentaremos ofrecer unha bitácora remozada e cunha nova forma de ofrece-los contidos máis atractiva. E se non tampouco pasa nada (total, para a xente que nos le…) Non. É verdade, serán poucos pero son bos, así que hai que cuidalos e darlle-lo mellor.
Se me esquezo de cumplir cas miñas obrigas aquí escritas non deixen de facermo saber nos comentarios.
E neste tempo de retiro non deixen de rir. A nosa suxerencia para tal acto: Mi perro se llamaba Indiana. A bitácora dun expatriado nos Estados Unidos, membro do CFC Dragón Negro e activo colaborador desta bitácora.